NÓS 
"A firma Jesús Fotógrafo foi un proxecto, hoxe é unha realidade"
¿Quén é Jesús fotógrafo?

O meu nome é Jesús Ángel Pazo. Tiven a sorte de terme desenvolvido, tanto persoal coma profesionalmente, nun dous lugares máis encantadores do mundo, ou mesmo lugar onde nacín hai 40 anos, Tomiño, un paraíso do sur de Pontevedra.

Dende moi novo a miña paixón foi a fotografía, tras moitos cursos e miles de fotografías o proxecto púxose en marcha.

En 1993 decidín transformar a miña paixón na miña profesión, pois entendín que superara as preocupacións da aprendizaxe e nas miñas mans a cámara convertíase nunha extensión do meu mesmo. Entón comezaba a creatividade. E tal como dicía o prestixioso fotógrafo Carl Mydans, nese momento un convértese en fotógrafo.

En 1996 tome a decisión mais importante, e ao mesmo tempo, a mais acertada da miña vida, casarme con Raquel Pousa, esa decisión, seria a que poucos anos mais tarde faría que o “proxecto Xesús Fotógrafo” convertésese nunha realidade.

Raquel Pousa, de natureza puramente autodidacta, hoxe é o leme da empresa, ela é a encargada de maquetación, selección e arranxo das fotografías, achega creatividade, ideas, arte e sobre todo constancia e seriedade. Tamén exerce de fotógrafa dende o ano 2000 con resultados espectaculares.

Hoxe Raquel e eu conseguimos que a firma Jesús Fotógrafo se consolidase como unha das empresas do sector de máis prestixio da bisbarra.


¿Cal é o noso estilo?

Entendemos que para os noivos é o día mais importante das súas vidas e que nada pode saír mal, son moitos meses organizando todo, e cando por fin chega o día non poden estar pendentes do fotógrafo, ese día é para gozar, para vivir cada instante cos teus, por ese motivo, o noso estilo non é secuestrar os noivos para pousados innecesarios, o noso estilo é diferente, intentamos achegarnos aos noivos, realizamos o noso traballo partindo da base de que cada momento é único e irrepetible, esperamos o necesario ata que se lles esqueza a cámara para captar imaxes únicas e naturais.

Simplemente intentamos fotografar o presente, para así no futuro, ter un bonito pasado.

Jesús Fotógrafo é unha persoa orgullosa do seu traballo e de levar a cabo o seu proxecto, proxecto que seria imposible sen as persoas que confiastes en min, grazas a todos.

Un forte abrazo do voso amigo

JESÚS FOTÓGRAFO