Preguntas frecuentes 
Un pequeño resumen de respuestas a las típicas inquietudes que suelen tener nuestros clientes.
¿Cal é a vosa metodoloxía de traballo?
Antes da voda quedamos cos noivos as veces que faga falta para coñecernos ben e coñecer os seus gustos, así o día do evento estar todos moito mais cómodos, o día da voda procuramos encontrarnos cos noivos o antes posible para evitarlles o poñerse mais nerviosos do que xa están e durante o evento intentamos pasar o mais desapercibidos posibles para captar as imaxes mais naturais e espontáneas.
¿Ata que hora cobren o evento?
Cando contratamos unha voda entendemos que é para todo o día, polo tanto comezamos antes da cerimonia e finalizamos unha vez mediado o baile, agás que os noivos desexen outra cousa.
¿Cantas vodas realizades ao día?
Para garantir a calidade do noso traballo realizamos un máximo de dúas vodas ao día, pois non subcontratar outros fotógrafos, entendemos que quen nos contrata a nós é por que quere que nós lle realicemos a reportaxe.
¿Cal é a vosa zona de traballo?
A nosa zona natural de traballo é toda Galicia por situación, pero tamén nos desprazamos ao resto de España e Portugal, só incrementa os desprazamentos.
¿Realizades vídeo?
Sí, temos convenios con algunhas das mellores produtoras da zona.
¿Canto me pode custar unha reportaxe de foto e video?
Temos varios tipos de reportaxes, álbum analóxico, álbum analóxico con fotografía dixital, álbum dixital estándar, álbum dixital superior, Pak ouro, etc,
O que adoitamos facer é adaptar os presupostos ás necesidades de cada parella.
¿Canto teño que pagar por adiantado?
Nós non aceptamos anticipos, a política de cobramento da nosa empresa é a seguinte, un só pagamento ao recoller o traballo.
Un motivo especial polo que contratar a Jesús Fotógrafo
Cada parella ten que ter moi claro as súas pretensións, os seus gustos as súas paixóns, eu aí non podo influír, meu consello é que contraten profesionais que dean unha garantía do seu traballo, que teñan un curriculum que os avale. Unha voda é un momento histórico nas nosas vidas e a fotografía será o testemuño grafico que vai dar fe do que ese día sucedeu, os nosos fillos, netos, futuros amigos e a nosa propia ancianidade gozase volvendo ao pasado e recordando aquel marabilloso día.

Eu sei que despois de 17 anos no mercado e mais de 500 vodas podo dar esta garantía, ese é un dos motivos de que nunca cobramos ata entregar o traballo, por que estamos seguros de que o resultado final vai ser extraordinario.